Quen somos

Somos un grupo de profesionais con ampla experiencia no sector editorial que proporciona solucións a todas as necesidades que poidan xurdir na realización dun proxecto editorial. Os nosos estándares de calidade e o cariño polo que facemos son os nosos sinais de identidade.

No noso equipo traballamos man a man, o que garante un excelente resultado en todo o que facemos. Dispoñemos de ferramentas informáticas especializadas, creadas por Nágora, que aseguran un produto final da máis alta calidade nun tempo récord.

Podes visionar o noso vídeo promocional premendo no seguinte botón.

TRADUCIÓN E CORRECCIÓN

En Nágora dispoñemos dun equipo de tradutores e correctores especializados. Contamos cunha extensa experiencia en tradución e corrección, en galego e en castelán, de textos literarios, materiais didácticos, interactivos, audiovisuais, páxinas web etc.

É evidente que, ademais dunha boa tradución, unha corrección exhaustiva resulta imprescindible para asegurar a máxima calidade no produto final. É por iso que no noso equipo figuran especialistas na revisión tanto estilística como ortotipográfica de textos en galego e en castelán.

Podemos traballar directamente en maqueta ou en calquera formato: XMLHTMLDOCCSV etc.

EDICIÓN

Dispoñemos de editores especializados en materiais didácticos que se ocupan de crear, revisar e adaptar os contidos a un nivel ou etapa educativa e a unha liña editorial determinada.

AUDIOVISUAIS

O noso departamento de audiovisuais comprende un amplo abano de funcións: locucións, autoría e adaptación de canciónssubtituladokaraokes e vídeos.

Unha mostra dun dos nosos traballos audiovisuais é o vídeo que podedes visionar ao inicio desta páxina.

MAQUETAXE E DESEÑO GRÁFICO

Somos conscientes de que, na calidade final dun produto, a maquetaxe desempeña un papel clave. Debido a isto, os nosos maquetistas ofrecen un resultado final impecable en calquera tipo de publicación impresa ou dixital.

Na nosa extensa traxectoria, habitualmente atopamos múltiples casos en que o retoque de imaxes resulta imprescindible, e isto obstaculiza o fluxo de traballo. O equipo de maquetaxe e deseño de Nágora aborda este labor de maneira rápida e efectiva, cunha calidade dificilmente igualable.

Dispoñemos tamén de creativos que foron premiados na súa área de traballo. Isto permítenos ofrecer unha ampla gama de recursos gráficos orixinais e exclusivos.

Os programas cos que traballamos en maqueta son InDesign (con InCopy) e QuarkXPress. En deseño, Adobe Photoshop e Adobe Illustrator.

CONTACTO

15 + 5 =

Contacto

(+34) 886 12 24 35
info@nagora.net