Select Page

Aviso legal

 

A través do presente aviso, NÁGORA SOLUCIÓNS EDITORIAIS ESPJ, con CIF: E94168465 e enderezo postal en R/ Antonio Nores, n.º1 – 1.ºD, 36940 Cangas, Pontevedra (en diante, o Prestador do servizo) informa os usuarios en cumprimento do artigo 13 de Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección de datos de carácter persoal (en diante, o Regulamento), coa finalidade de que estes decidan de forma expresa, libre e voluntaria se desexan facilitarlle os datos persoais que lle son solicitados no sitio web para a prestación dos seus servizos.

Tamén se informa de que a finalidade do tratamento ao que se destinan os datos que nos faciliten os usuarios é exclusivamente a de cursar a súa petición ou consulta que tramiten a través do presente sitio web e, no seu caso, se os usuarios expresamente o consenten mediante a marcación da casa correspondente ao pé do formulario de recollida de datos, remitirlles información sobre as actividades do Prestador do servizo que poidan resultar do seu interese, entendéndose que co envío dos seus datos autoriza expresamente ao Prestador do servizo o tratamento dos seus datos coas anteriores finalidades. O consentimento prestado, que constitúe a base xurídica que lexitima o tratamento dos datos, é revogable en calquera momento sen que iso afecte a licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Agás que especificamente se estableza o contrario, considerarase necesario completar todos os datos requiridos no formulario de datos. No caso de non subministrar todos os datos estimados como necesarios, o Prestador do servizo poderá, en función do caso, non cursar a concreta solicitude que se efectúe. Os datos facilitados conservaranse ata o momento en que os usuarios decidan revogar o seu consentimento ao tratamento.

Os usuarios deberán cubrir os formularios con datos verdadeiros, exactos, completos e actualizados, e responder dos danos e prexuízos que puidese ocasionar por introducir de maneira errónea nos formularios datos falsos, inexactos, incompletos ou non actualizados.

O Prestador do servizo adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais esixidos no Regulamento, adoptando as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e demais riscos posibles.

Igualmente, o Prestador do servizo comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos persoais e do seu deber de gardalos, e adoptará todas as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía. 

Os usuarios ou persoas que os representen poderán exercitar en calquera momento o dereito de acceso, rectificación, supresión e, no seu caso, oposición de acordo co establecido no Regulamento, dirixindo unha comunicación escrita a NÁGORA SOLUCIÓNS EDITORIAIS ESPJ, no seguinte enderezo postal: R/ Antonio Nores, n.º1 – 1.ºD, 36940 Cangas, Pontevedra, ou electrónico: administracion@nagora.net, en que se acredite a identidade do usuario.

En caso de que o Prestador do servizo realizase algún tipo de servizo especial en que determine unhas previsións específicas diferentes a estas, no relativo á protección de datos, terá primacía a aplicación das normas particulares indicadas para ese servizo en particular por enriba das presentes, en caso de incongruencia.

O Prestador do servizo reserva o dereito a modificar a presente política, informando previamente os usuarios dos cambios que nela se produzan.

Os usuarios teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos se estiman que os seus dereitos de protección de datos foron vulnerados.